Pasar al contenido principal

Toma de posesión da profesora Luz María Gigirey Prieto como decana da Facultade de Óptica e Optometría

O reitor Juan Casares presidirá este mércores 21 o acto protocolario de toma de posesión da profesora Luz María Gigirey Prieto como decana da Facultade de Óptica e Optometría. A sesión comezará ás 12.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. A profesora Gigirey Prieto foi reelixida a finais do pasado mes de abril co respaldo do 83% dos votos da Xunta de centro. O seu equipo directivo intégrano ademais a profesora Carmen Bao Varela como vicedecana e o profesor Jorge Gilino Paz como secretario da Facultade. Luz Gigirey xa foi decana entre 2010 e 2014, ademais de ter ocupado o posto de secretaria académica da Escola de Óptica e Optometría, responsable dos plans de calidade e de desenvolvemento sostible do centro. Membro do grupo de investigación G-2092 Optometría, o seu traballo investigador desenvólvese no campo da perda sensorial dual, sobre todo nas persoas maiores, levando a cabo estudos do impacto que a perda visual e auditiva producen na poboación, así como no screening visual e auditivo con repercusións no estado cognitivo dos maiores, que se realizan nos fogares residenciais de maiores dependente da Consellería de Traballo e Benestar social. Ademais colabora coa Consellaría de Sanidade a través dun convenio no asesoramento científico-técnico na adaptación protésica e seguimento dos nenos diagnosticados polo programa Galego de detección da hipoacusia en período neonatal na Comunidade Galega dende 2009.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2014.