Concerto da Cuarentuna de México na Igrexa da Universidade
A Cuarentuna da Cidade de México ofrece un concerto este venres 23 ás 20.00 horas no Igrexa da Universidade organizado pola Asociación de Antigos Tunos Composteláns. A entrada é libre ata completar aforo. A Cuarentuna da Cidade de México está composta por 16 integrantes e o seu repertorio está composto por temas clásicos da tuna e de México, onde hai unha importante tradición de estudantinas. Esta mesma agrupación xa estivo o pasado ano en Santiago visitando a Cidade e o Museo da Casa da Troia.