Pasar al contenido principal

O reitor participa nas actividades formativas do grupo Esculca no Centro Penitenciario de Teixeiro

O reitor Juan Casares visitou este venres 30 as instalacións do Centro Penitenciario Teixeiro onde o grupo de investigación Esculca desenvolve un programa formativo con reclusos e reclusas do centro. Nun encontro cos participantes nestas actividades Casares apelou á formación como a mellor ferramenta para conseguir unha sociedade solidaria e cooperativa. O programa que coordina a profesora Mar Lorenzo desenvolve en Teixeiro diferentes propostas formativas, ás que recentemente se ten incorporado tamén unha serie de sesións centradas na programación radiofónica para formar a aquelas persoas interesadas en realizar as súas achegas á emisora campUSCulturae on line, concibida como una escaparate virtual das culturas do mundo e “un espazo de experimentación e de relación entre literatura, música, artes escénicas e novas tecnoloxías”. As iniciativas desenvolvidas por persoal da USC no centro de Teixeiro axudan a fornecer o papel destas institucións na súa vertente educativa, “con intervención bidireccional, por un lado orientada ao individuo e, por outro, orientada aos sistemas sociais, tratando de facilitar a adaptación das persoas”, indicou Juan Casares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2014.