Pasar al contenido principal

A USC e a Consellaría de Medio Ambiente asinaron un convenio para a realización do curso 'Planificación hidrolóxica e Directiva Marco Europea da Auga'

Juan Casares e Agustín Hernández nun momento da sinatura do convenio. Foto: Xunta de Galicia
Juan Casares e Agustín Hernández nun momento da sinatura do convenio. Foto: Xunta de Galicia

O reitor Juan Casares e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do curso Planificación hidrolóxica e Directiva Marco Europea da Auga, incluído na programación da Universidade de Verán 2014 e que se celebrará a vindeira semana en Vilagarcía de Arousa, baixo a dirección do profesor Fernando Cobo e de María José Servia García. Este curso está orientado a estudantes universitarios e aprofesionais e membros das asociacións cidadás relacionados coa xestión e planificación da auga como recurso. Como se puxo de manifesto na sinatura, o reitor e o conselleiro coincidiron en salientar que este tipo de colaboracións permiten realizar intercambios de experiencias e coñecementos que, relacionadas coas augas, teñen un propósito formativo e de investigación ou sirvan para incrementar mutuamente os coñecementos dentro da especialidade. Coa sinatura deste convenio, Augas de Galicia asume o compromiso de participar no financiamento do curso, mediante a entrega dunha subvención por valor de 2.000 euros á USC, entidade que se encargará da presentación, difusión e conclusión do curso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2014.