Pasar al contenido principal

USC en Transición reparte café e o xornal entre quen use a bicicleta

USC en Transición reparte café e o xornal entre quen use a bicicleta
USC en Transición reparte café e o xornal entre quen use a bicicleta

Os ciclousuarios e ciclousuarias da USC que se acheguen aos novos aparcadoiros de bicicletas situados no Centro de investigación en Bioloxía (CIBUS) e no Aulario de Medicina Novoa Santos recibirán un café e un xornal de balde cada mércores e xoves ao longo deste mes de abril. A iniciativa levarase a cabo nos propios aparcadoiros de bicicletas. O posto que dispensará os cafés e os xornais estará no CIBUS os mércores 2, 9, 23 e 30 de abril, entre as 8.30 e as 9.30 horas. No Aulario de Medicina Novoa Santos ofrecerase o mesmo agasallo os xoves 3, 10 e 24 de abril. A maiores, tamén se repartirán mapas do campus coa situación dos aparcadoiros de bicicletas. Esta iniciativa está promovida polos bolseiros do programa USC en Transición, que colaboran coa Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC. O obxectivo é estimular o uso da bicicleta como medio de transporte entre a comunidade universitaria e fomentar o uso dos aparcadoiros de bicicletas que existen no campus da USC. Deste xeito conséguese unha redución da pegada ecolóxica da USC asociada á mobilidade e promóvense hábitos de vida saudables.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2014.