A D3Mobile Metrology World League entrega na EPS os premios dunha edición na que participaron 600 estudantes de 24 países

Os organizadores da D3 Mobile Metrology World League, un campionato de modelado 3D de precisión con teléfono móbil, convocado polo grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela Uscan3D en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, celebrou este xoves a gala de entrega de premios aos diversos gañadores deste certame pioneiro a nivel mundial, no que tomaron parte máis de 600 estudantes de ensino de medio de 24 países de Europa, America, África e Asia, distribuídos en 200 equipos.
O equipo Tecnosang 4.2, do IES A Sangriña, do concello pontevedrés de A Guarda, gañou a segunda edición da D3Mobile Metrology World League, a primeira de carácter internacional. Así, unha vez finalizada a fase de competición e rematada a avaliación da calidade de medida e visual dos modelos 3D elaborados nos distintos exercicios puntuables, o xurado acordou proclamar vencedores do torneo aos compoñentes do equipo Tecnosang 4.2, do IES A Sangriña da Guarda e integrado por Irene Rodríguez Rodríguez, Alejandro González Martínez e Jorge Piedra Dorado, tres estudantes que traballaron baixo a coordinación do profesor Antonio Lomba Baz. O éxito acadado por este equipo pontevedrés permite ao IES A Sangriña da Guarda revalidar o título logrado na primeira edición deste certame. O equipo Da Vinci, do I.E.S. Leonardo Da Vinci, de Alacante, formado por los alumnos Verónica Torres Santonja, Óscar Lozano Adán, Juan Antonio Sarmiento Martínez e Gloria Maestre Hortal, coordinados pola profesora Yolanda Hortal Barturen, rematou na segunda praza da clasificación final. Sen embargo, a formación alacantina, como equipo debutante mellor clasificado, recibirá o premio D3Mobile do Centro Español de Metroloxía. Asemade, o galardón ao mellor equipo participante de Latinoamérica recaeu nos mexicanos Jitomates, un grupo formado por dous estudantes da American School Foundation of Guadalajara, de Jalisco, e coordinado polo profesor Yunbum Kim. Premios Galicia e Lugo O Colexio Apóstolo Santiago, de Vigo, representado por diversos equipos integrados polos alumnos Adrián Alonso Núñez, Giulia Vitulli Quinzán, Abel Villanueva Rey, Francisco Javier Gil Sotelo, Ignacio Anibarro García-Baquer, Sara Simón Collazo, Paula González Luca de Tena, Santiago Domínguez Blanco, Hugo González Aranda, Iago Castro Guzmán, Miguel Duarte Bolado, David Segura Fidalgo, Miguel Conde Gallastegui, Miguel Álvarez Adán y Bernabé Núñez Estévez, que traballaron baixo a coordinación da profesora Isabel Mª Carrillo Paz, foi o centro mellor clasificado nesta segunda edición da D3 Mobile Metroloy League e recibirá como agasallo a raqueta cedida polo tenista Rafael Nadal. O equipo galego mellor clasificado neste campionato escolar foi o D3MEAÑO4º, do I.E.S. de Meaño (Pontevedra), formado por Alexander Góndar Dopazo, Carlos Eduardo Díaz Tineo y David Martínez Valenzuela, e coordinado polo profesor César Fernández Riádigos. No que atinxe aos equipos da provincia de Lugo que tomaron parte nesta segunda edición do campiaonto D3Mobile Metrology League, o mellor clasificado volveu ser por segundo ano consecutivo o formado por estudantes do I.E.S. Poeta Díaz Dastro de Guitiriz. Este centro, que nesta ocasión participou co equipo PARD3, formado por Francisco Javier Manuel García, Javier Prieto García y Javier Gómez Ares, e coordinado polo profesor José Engroba García, recibirá o premio outorgado pola Deputación Provincial de Lugo. Entrega de galardóns A segunda edición da D3 Mobile Metrology League, un certame dirixido a escolares de segundaria promovido polo grupo de investigación USCAN3D da USC, en colaboración coa Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), o Centro Español de Metroloxía (CEM) e o Instituto Geográfico Nacional (IGN-CNIG), e patrocinado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Fundación Vodafone España, chegou este xoves á súa clausura no salón de actos da Escola Politécnica Superior, onde se desenvolveu a cerimonia de entrega de premios aos gañadores e o sorteo de agasallos aos participantes no certame. O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, presidiu a sesión, na que tamén participaron a coordinadora do grupo de investigación USCAN3D da USC, Mariluz Gil Docampo e o tamén profesor da USC e director do proxecto D3Mobile, Juan Ortiz. O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; Rosendo Amor, en representación da Fundación Vodafone España, e a secretaria da Escola Politécnica Superior, Ana Isabel García Iglesias, tamén interviñeron nunha sesión, á que asistiron estudantes e docentes galardoados. Unha vez rematada a entrega de premios aos equipos gañadores das distintas modalidades do torneo, os promotores da D3Mobile Metrology World League celebraron un sorteo de diversos agasallos, entre os que había distintos dispositivos tecnolóxicos e gorras cedidas polo piloto Maverik Viñales entre os participantes nesta edición da D3Mobile Metrology World League. As persoas agraciadas neste sorteo daranse a coñecer a través da web www.D3mobile.es.