Pasar al contenido principal

A promoción 1957-1964 de Medicina celebrou en Santiago as súas vodas de ouro

O decano da Facultade presidiu o acto de celebración (Foto: SERVIMAV-USC)
O decano da Facultade presidiu o acto de celebración (Foto: SERVIMAV-USC)

A promoción 1957-1964 de Medicina da Universidade de Santiago volveu ás aulas de novo este venres 27 para celebrar as súas vodas de ouro. Participaron na celebración preto de 50 profesionais chegados de diferentes puntos do país. No acto central celebrado no salón de actos da facultade interviñeron o decano, Juan Gestal Otero; o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Ángel Álvarez Prechous; os representantes do profesorado da promoción, os doutores Peña Guitián e Sánchez Salorio; e os representantes do alumnado, Juan Couceiro e Francisco Ruza. Ao remate descubriron unha placa no centro, semellante á que permanecerá no Recanto da Saudade (Campus Sur). O grupo estaba formado por medio centenar de egresados (Foto: SERVIMAV-USC) A celebración serviu para rememorar tempos da súa etapa universitaria (Foto: SERVIMAV-USC)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2014.