Pasar al contenido principal

Preséntase este mércores na Vicerreitoría de Coordinación o programa de arte sonora e electroacústica ‘Sons Creativos’

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este mércores, día 14 de maio, a partir das 11.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, a sexta edición do programa de arte sonora e electroacústica ‘Sons creativos’, unha proposta artística promovida polo Grupo de Creación Sonora da da USC (GCSUS), baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, Arturo Varquero e Xoán Xil López.

A concelleira de Cultura, Turismo Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e o e o deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, tamén participarán no acto de presentación desta nova edición de ‘Sons Creativos’, un programa de arte sonora financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural que nesta ocasión propón un ciclo de cinco concertos, a cargo doutros tantos artistas ou formacións musicais, que se desenvolverán do 20 de maio ao 5 de xuño no auditorio da Casa do Saber e no quiosco da Praza Maior de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2014.