Pasar al contenido principal

Unha delegación da Universidade de Teikyo visita a USC

O reitor recibiu á comitiva no seu despacho en San Xerome. Foto: Servimav-USC
O reitor recibiu á comitiva no seu despacho en San Xerome. Foto: Servimav-USC
Recibiuna o reitor Juan Viaño en San Xerome

Unha delegación da Universidade de Teikyo (Xapón) iniciou a visita que realiza estes días á USC cunha recepción co reitor Juan Viaño, no Colexio de San Xerome, na que tamén participou o vicerreitor de Internacionalización, Carlos Salgado, e a xerenta de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud. A comitiva da Universidade xaponesa integrábano o reitor Yoshihito Okinaga; o responsable do Comité Internacional, Noriatsu Matsui; o director do Campus Hachioji, Takashi Kobari; o coordinador do Centro de Estudos no Estranxeiro, Hikaru Asada; e o administrador deste último centro, Noriko Shimada. Ademais de coñecer a oferta de cursos de linguas da Universidade compostelá, nunha visita por distintos laboratorios e centros de investigación de Campus Vida a delegación xaponesa mostrouse interesada polo traballo de diversos grupos de investigación composteláns no ámbito da biotecnoloxía ou a química.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2014.