Pasar al contenido principal

Atletas do Club Deportivo da USC acadan dous novos ouros e unha prata no Campionato Galego de Veteranos

Atletas do Club da USC lograron o pasado domingo 1 facerse con novas medallas no Campionato Galego de Veteranos celebrado en Ferrol. Así, Manuel Bello García conseguiu a medalla de prata na proba de 1.500 metros lisos na categoría para maiores de 55 anos, e Xosé Luís Otero Cepeda converteuse no campión galego de 5.000 metros lisos na categoría de maiores de 60 anos, mentres que Massimo Lazzari, alzouse como dobre campión galego nas probas de salto de lonxitude e salto de altura nas probas para maiores de 45 anos. Por outra banda, a corredora do Club da USC, Lucía Suárez Crespo, tamén obtivo unha destaca actuación no campionato de España na proba de 3.000 metros lisos, onde participou coa selección galega cadete feminino.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2014.