Pasar al contenido principal

O director do Instituto de Investigación en Enfermidades Raras analiza co alumnado do Máster en Avaliación e Intervención en Atención Temperá a importancia da detección precoz

O director do Instituto de Investigación en Enfermidades Raras, Manuel Posada, analizou na USC a importancia da detección precoz desta doenzas e repasou o estado da investigación das enfermidades pouco frecuentes en España. Posada lembrou a importancia de que os/as profesionais coñezan claves como os programas de cribado, test xenéticos ou estudos epidemiolóxicos que permitan adiantar a detección e mellorar así o prognóstico no desenvolvemento da persoa que padeza algún tipo de enfermidade pouco común. Estas foron algunhas dos seus argumentos na sesión celebrada no Máster en Avaliación e Intervención en Atención Temperá de cuxo cadro docente forma parte. Manuel Posada é o único representante español no grupo de expertos de enfermidades raras da Comisión Europea (EUCERD) dende hai uns meses. O Máster en Avaliación e Intervención en Atención Temperá está dirixido pola profesora e responsable da Unidade de Atención Temperá da USC, María José Buceta, experta na materia dende a década dos 80 e autora da primeira tese de doutoramento de atención temperá no ámbito da Psicoloxía en España. Esta formación de posgrao leva impartíndose na Universidade compostelá dende hai case dúas décadas e conta cun equipo multidisciplinar de profesores, especializados en ámbitos como o Dereito, Paidosiquiatría, Pedagoxía, Xinecoloxía, Xenética, Psicoloxía, Pediatría, Medicina Forense ou mesmo Neuropediatría, entre outras disciplinas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.06.2014.