Pasar al contenido principal

Uxía e Narf actuarán este xoves na clausura do curso Cultura Galega e Camiño de Santiago na Facultade de Ciencias Políticas

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acubillará este xoves, a partir das 14.15 horas, o acto de clausura do Curso de Cultura Galega e Camiño de Santiago, un programa no que participaron 25 estudantes da Universidade de Michigan, acompañados da catedrática de Literatura da mesma universidade norteamericana, Cristina Moreiras.

A cerimonia de clausura deste programa incluído na oferta de cursos internacionais da USC, estará presidida pola xerente de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud, e no marco desta sesión os artistas de renome internacional Uxía e Narf interpretarán as pezas ‘Alalás encadeados’, ‘Esta noite’ e ‘Alalá das Mariñas’. Os 25 estudantes americanos que realizaron este curso tiveron a ocasión de participar nun programa de 6 semanas de duración, cuxa temática estivo centrada no estudo da lingua e cultura española e galega desde unha perspectiva multidisciplinar. Así, a partir do estudo do español, estes estudantes achegáronse á cultura galega para coñecer autores como Rosalía e Castelao. Asemade, outra das principais seccións temáticas do curso xirou arredor do Camiño de Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2014.