Pasar al contenido principal

Uniemprende organiza un curso en liña sobre as vías de protección da innovación

Ao longo do mes de xullo, Uniemprende organizará un curso en liña sobre ‘ Protección da innovación: patentes, marcas e dereitos de autor’, dirixido a emprendedores e emprendedoras de proxectos tecnolóxicos de carácter innovador, persoal que traballe dentro da área de asesoramento á creación de empresas; así como a todas aquelas persoas interesadas. A súa finalidade é demostrar que o sistema de propiedade intelectual pode utilizarse para protexer e facilitar a comercialización dos produtos e servizos das empresas. O prazo para inscribirse remata o 26 de xuño. Os contidos están organizados en catro módulos temáticos arredor dos dereitos de propiedade intelectual e industrial; patentes; marcas; e dereitos de autor. Este enfoque achegará a quen se inscriba os aspectos legais dos temas propostas, os procedementos e modalidades de protección, os tratados internacionais nesta materia, o rexistro da propiedade intelectual, o funcionamento da oficinas de rexistro dos dereitos de propiedade ou a análise das patentes como fonte de información tecnolóxica. O curso impartirao Fernando Carou Insua, integrante dende 2010 da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC. É colaborador habitual de programas de formación na universidade e en empresas, impartindo seminarios sobre aspectos técnicos de xestión da propiedade industrial e bases de datos bibliográficas e de patentes. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a uniemprende [at] usc.es (uniemprende[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2014.