Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago de Compostela adhírese á Hora do Planeta 2014

Este sábado 29 únese á acción ‘Apaga a luz, ilumina o Planeta’

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da súa Oficina de Desenvolvemento Sostible, adheriuse á Hora do Planeta 2014, unha iniciativa mundial promovida pola organización ecoloxista WWF que, baixo o lema ‘Apaga a luz, ilumina o Planeta’, pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a cinco mil cidades para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático. As actividades asociadas á Hora do Planeta pretenden involucrar tanto a organizacións como a persoas individuais. A acción máis simbólica será o pagado de luces o sábado 29 de marzo, de 20:30 a 21:30. Esta actuación responde ao compromiso da USC coa redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, recollido no seu Plan de Desenvolvemento Sostible. Realizar un consumo enerxético máis racional, un bo mantemento das instalacións enerxéticas e substituír o consumo de enerxía procedente de fontes non renovables por renovables son algunhas das maneiras de contribuír a esta redución de gases de efecto invernadoiro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2014.