Pasar al contenido principal

As conexións ferroviarias do porto exterior de Ferrol centran este mércores 19 un relatorio na Escola Politécnica Superior

Alejandro Rey e Jesús Busto abordarán a planificación das conexións ferroviarias no porto ferrolano a partir das 13.00 horas no salón de actos do centro

As conexións ferroviarias do porto exterior de Ferrol e a súa planificación centrarán este mércores, día 19 de marzo, a partir das 13.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica, un relatorio no que intervirán o director do Porto de Ferrol, Alejandro Rey Seoane, e o xefe da división de Infraestruturas, Jesús Busto Míguez, ambos dependentes da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

Esta sesión formativa, organizado no marco dos actos programados para conmemorar o X Aniversario da implantación dos estudos de Enxeñaría Civil no campus de Lugo, permitirá a estudantes e docentes afondar no coñecemento da importancia que teñen as conexións de transporte terrestre cos portos comerciais, tomando como referencia o caso do porto exterior de Ferrol.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2014.