Pasar al contenido principal

Alejandro Rey e Jesús Busto explican a planificación da conexión ferroviaria do porto de Ferrol a estudantes de Enxeñaría Civil

Alejandro Rey e Jesús Busto, na súa intervención na Escola Politécnica Superior de Lugo
Alejandro Rey e Jesús Busto, na súa intervención na Escola Politécnica Superior de Lugo

As conexións ferroviarias do porto exterior de Ferrol e a súa planificación centraron un relatorio na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, onde o director do Porto de Ferrol, Alejandro Rey Seoane, e o xefe da división de Infraestruturas, Jesús Busto Míguez, ambos dependentes da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, falaron ante estudantes do grao en Enxeñaría Civil sobre rutas de tráfico marítimo.

Rey Seoane e Busto Míguez afondaron nas súas respectivas intervencións sobre a posición estratéxica do porto de Ferrol na fachada atlántica no marco dunha visión global sobre as principais rutas de tráfico marítimo a nivel mundial. A situación actual das conexións ferroviarias do sistema portuario español e o caso concreto da planificación da conexión ferroviaria do porto exterior de Ferrol foron outras das cuestións abordadas polos dous relatores na Escola Politécnica Superior de Lugo. Esta sesión formativa, organizado no marco dos actos programados para conmemorar o X Aniversario da implantación dos estudos de Enxeñaría Civil no campus de Lugo, permitiu a estudantes e docentes afondar no coñecemento da importancia que teñen as conexións de transporte terrestre cos portos comerciais, tomando como referencia o caso do porto exterior de Ferrol.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2014.