Pasar al contenido principal

A Escola Politécnica Superior conmemora este martes 18 o Día do Topógrafo Europeo coa celebración dun acto institucional

A mostra ‘100 anos de Cartografía de Lugo 1910-2010’, organizada xunto co Concello de Lugo e co Instituto Xeográfico Nacional, estará aberta no centro ata o 31 de marzo

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo conmemorará este martes, día 18 de marzo, o Día Europeo do Topógrafo, coa celebración dun acto institucional e coa apertura da exposición ‘100 anos de Cartografía de Lugo 1910-2010’, unha mostra organizada en colaboración co Concello de Lugo e co Instituto Xeográfico Nacional e que permanecerá exposta no centro universitario lugués ata o 31 de marzo.

O acto institucional, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior, contará coa presenza do director do centro, Javier Bueno Lema; o alcalde de Lugo, José López Orozco, e o director do Servizo Rexional do Instituto Xográfico Nacional, Pablo Carballo Cruz, que ofrecerá un relatorio sobre a cartografía de Lugo no último século.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2014.