Pasar al contenido principal

Unha nova sesión das NerdNites debaterán sobre as temperaturas do ceo e o inferno

Unha nova sesión das NerdNites debaterán sobre as temperaturas do ceo e o inferno
Unha nova sesión das NerdNites debaterán sobre as temperaturas do ceo e o inferno
Ademais proporán unha visión xurídica da Teoria Cuántica e referiranse ás especies autóctonas de Galicia

‘Como se miden as temperaturas do ceo e o inferno?’ é o tema co que arrancará unha nova sesión das NerdNites Compostela este xoves 20 no Café Casino (r/ do Vilar, 35) a partir das 22.00 horas da man do catedrático de Electromagnetismo Jorge Mira. Xunto a el tamén intervirán o avogado do Estado e letrado da Xunta de Galícia Juan José Vázquez-Portomeñe para falar sobre ‘O dereito dos cuantos: unha visión xurídica da Teoría Cuántica’. Completando a xornada, o doutorando Gustavo Adolfo Pérez Rojas referirase ao tema ‘Compartindo as espécies autóctonas de Galícia: flora Fauna e Erasmusnerds’. Nerd

Orixinalmente, as NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde expertos dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.03.2014.