Pasar al contenido principal

O reitor recibirá aos titulados e tituladas da USC que superaron os exames das convocatorias de Biólogo, Farmacéutico, Psicólogo, Radiofísico e Médico Interno Residente

O reitor recibirá este mércores 19 ao titulados e tituladas da USC que superaron os exames das convocatorias de Biólogo/a, Farmacéutico/a, Psicólogo, Radiofísico e Médico/a Interno Residente. Entre eles atópanse os números 1 dos exames das especialidades de Bioloxía e de Farmacia. A recepción comezará ás 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Ademais dos números 1 das convocatorias de biólogo e farmacéutico Interno Residente para un titulado e unha titulada da USC outros catorce titulados/as en Farmacia situáronse entre os 90 primeiros postos da súa especialidade, o que converte á de Santiago na segunda universidade española con mellores resultados neste exame. En Medicina, seis titulados/as da Facultade compostelá atópanse entre os cen mellores exames do MIR, o que sitúa á USC como a sexta mellor de España. En Psicoloxía, dos cen primeiros, un total de vinte son ex alumnos da institución académica santiaguesa, catro deles entre os dez mellores exames cos postos 3, 4, 6 e 8. Finalmente, na convocatoria de Radiofísico Interno Residente, das 27 prazas ofertados, graduados da USC alcanzaron os postos 6, 7 e 11.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2014.