Pasar al contenido principal

A compañía Inversa Teatro representa este xoves 27 no auditorio da Casa do Saber de Lugo a obra ‘Té con Kant’

Cartaz anunciador da representación teatral
Cartaz anunciador da representación teatral
A actuación, promovida pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC e a Facultade de Humanidades, comezará ás 20.30 horas e a entrada é de balde

A compañía teatral Inversa Teatro representará este xoves, día 27 de marzo, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, a peza ‘Té con Kant’, no marco dunha actividade organizada pola Facultade de Humanidades do campus lugués en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero da USC.

‘Té con Kant’, unha peza escrita por Marta Caparrini e Marta Pérez, que tamén participará na súa interpretación xunto con María Roja, responde a un proxecto experimental de teatro íntimo que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía que deriva nun formato de teatro didáctico ou relatorio. As dúas actrices que participan na representación desta obra tratarán de exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión e a acción do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Así, baixo o espectro do filósofo Inmanuel Kant, María Roja e Marta Pérez exploran, desde a actualidade e tamén desde unha perspectiva de xénero, o porqué do fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para dar paso á nosa época post-moderna, na que predomina o fragmento e a decepción. Esta representación de teatro crítico e feminista terá como actividade complementaria un relatorio sobre xestión cultural que se celebrará o venres, día 28 de marzo, a partir das 10.00 horas, na Facultade de Humanidades, e na que intervirá a actriz, fundadora e directora da compañía Inversa Teatro, Marta Pérez Alonso, que curso estudos de Filosofía na USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2014.