Pasar al contenido principal

Javier Martín explicará nun obradoiro da Aula de Danza ‘Como construír un corpo sen órganos’

Javier Martín, solista performativo, impartirá en abril un curso monográfico sobre ‘Como construír un corpo sen órganos’, a modo de obradoiro de danza de horas 15 horas de duración que se inclúe nas actividades formativas do Espazo de Danza da USC. A proposta de Javier Martín é axudar a atopar e optimizar as ferramentas perceptivas, simbólicas e políticas que “potencien os procesos creativos de cada quen, achegándonos ao corpo e ás artes en movemento dende infinidade de ópticas –anatómica, poéticas, místicas, sociais ou psicolóxicas- e poñendo a proba as crenzas de todos conectándonos co orixinal que hai en nós”. O período de matrícula permanecerá aberta ata que se cubra a totalidade das 15 prazas ofertadas por rigorosa orde de inscrición. As clases impartiranse de 14.00 a 17.00 horas na Igrexa da Universidade entre os días 21 e 24 de abril.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2014.