Pasar al contenido principal

A Asociación Castiñeiro e Nogueira amplía a súa relación de Membros de Honra con cinco novos nomeamentos

Sesión de nomeamento de novos Membros de Honra da Asociación Castiñeiro e Nogueira
Sesión de nomeamento de novos Membros de Honra da Asociación Castiñeiro e Nogueira
Francisco Javier Abajo, Ramón Carballo, Alfonso Carrasco, Verónica Tellado e a Once recibiron esta distinción nunha cerimonia desenvolvida na Casa do Saber de Lugo

A Asociación Castiñeiro e Nogueira celebrou este martes no auditorio da Casa do Saber de Lugo o acto de nomeamento de novos Membros de Honra deste colectivo. A Asociación Castiñeiro e Nogueira é coñecida fundamentalmente polo seu traballo a prol da recuperación e rehabilitación de camiños históricos, así como pola posta en marcha dun proxecto de recuperación e dinamización do social do mundo rural galego, a través do que se achega a esencia desta realidade á mocidade de distintas procedencias e culturas.

O presidente da Asociación Castiñeiro e Nogueira, o avogado Antonio Álvarez González, foi o encargado de abrir a quenda de intervencións desta sesión pública, que estivo guiada polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e durante a que se procedeu á distinción como Membros de Honra da Asociación Castiñeiro e Nogueira a Francisco Javier Abajo Merino, xeneral xefe da Fuerza Logística Operativa; Ramón Carballo, subdelegado do Goberno en Lugo; Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo; Verónica Tellado Barcia, directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, e á Once e a súa fundación.

A celebración desta cerimonia de nomeamento de Membros de Honra da Asociación Castiñeiro e Nogueira congregou na Casa do Saber de Lugo numerosas autoridades do mundo político, xudicial e empresarial, así como representantes das distintas institucións locais, provinciais, autonómicas e da USC, demais de socios da entidade organizadora, socios de honra, empresarios, asociacións de sendeirismo e relacionadas coa protección do medio ambiente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.12.2014.