Pasar al contenido principal

‘Risk Governance’ aborda a necesidade de mudar de paradigmas no xeito de afrontar os perigos no contexto da sociedade do risco

Urbano Fra e Javier Bueno, na presentación do libro 'Risk Governance' na Casa do Saber
Urbano Fra e Javier Bueno, na presentación do libro 'Risk Governance' na Casa do Saber
O vicerreitor Javier Bueno presentou na Casa do Saber o libro editado e coordinado polo investigador Urbano Fra e que compila achegas de 43 autores de 36 universidades

O libro ‘Risk Governance. The articulation of Hazard, Politics and Ecology’ abrda a necesidade de mudar de paradigma na forma de afrontar os perigos naturais e tecnolóxicos no contexto da sociedade do risco. O coordinador deste volume, que compendia achegas de 43 expertos pertencentes a 36 universidades de once países, Urbano Fra Paleo, presentou este mércores esta nova publicación na Casa do Saber de Lugo, no marco dun concorrido acto presidido polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema.

O risco segue a crecer e os desastres causan cada vez maiores custes económicos nos países desenvolvidos e un crecente número de vítimas nos territorios en vías de desenvolvemento, nos que os desastres naturais constitúen por si mesmos unhas barreira para o desenvolvemento socioeconómico, explicou Urbano Fra. A idea da sociedade de risco indica ademais que esta maior ou menos probabilidade de perigo forma cada vez máis parte das nosas vidas a través do crecente uso das tecnoloxía, ata o punto de que se están a producir cambios globais no medio ambiente, a través dos que, de xeito individual ou colectivo, se incrementa os riscos de desastres. As persoas que colaboran como autores nesta obra colectiva que vén de publicar a editorial Springer propoñen dous cambios para variar esta realidade: Adoptar políticas baseadas na gobernanza e avanzar na converxencia de das políticas ambientais e de redución de riscos, relatou Fra Paleo. Asumir ou adoptar a gobernanza supón a participación activa de todos os actores sociais (sector público, sociedade civil, sector privado, medios de comunicación, mundo académico...) para compartir coñecemento sobre o risco e para poñer en común os múltiples intereses e necesidades, a fin de favorecer a aprendizaxe sobre procesos de toma de decisións e de análise da dimensión dos riscos. As políticas baseadas na gobernanza, precisou Fra Paleo, implican abandonar a perspectiva xerárquica de toma de decisións na que teñen exclusivo protagonismo os gobernos, cando os demais actores tamén son xeradores de risco. A participación constitúe ademais unha aprendizaxe colaborativa de todas as persoas e sectores sociais, así como a corresponsabilidade na toma de de decisións, ademais de facilitar a súa aplicación real en troques de elaborar plans que nunca se poñen en práctica. Dado que os riscos naturais son resultado da variabilidade ambiental e o cambio ambiental e climático está a mudar as dimensións de risco e dos desastres, é necesario facer converxer as distintas políticas coa de risco ambiental, considerándose que a poboación mundial actual de 7 millóns de persoas e a súa progresiva concentración en megacidades vai deparar futuros desastres maiores aos xa rexistrados en cidades como Nova Orleans, Kioto, ou, entre outras, Nova York, auguran os autores de ‘Risk Governance’. O libro ten tres partes, a primeira analiza as formas de goberno no novo contexto de complexidade crecente, cambio e diversidade. A segunda parte explora as formas de risco de gobernanza que se están a aplicar nas principais rexións de risco, é dicir litoral, mar, montañas, chairas fluviais, paisaxes e megacidades. A terceira parte, engade o editor deste volume adianta algunhas novas liñas de investigación en gobernanza de risco nas que se está a traballar para solucionar as problemáticas advertidas nun escenario de acelerado cambio ambiental, social, político e de risco, concluíu Urbano Fra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2014.