Pasar al contenido principal

A Biblioteca Intercentros amosa produtos artesanais feitos por Cogami co gallo do Día Mundial das Persoas con Discapacidade

A exposición, organizada co gallo do Día Mundial das Persoas con discapacidade, abrirá este mércores de 11.00 a 18.00 horas e o xoves 4 de decembro, de 11.00 a 14.00 horas

O Servizo de Participación e Integración Universitaria en colaboración con COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) organizan unha mostra de produtos artesanais elaboradores por persoas usuarias de Cogami que permanecerán expostos ao público este mércores e xoves na Biblioteca Intercentros do campus de Lugo. O horario de apertura da exposición será de 11.00 a 18.00 horas na xornada do mércores, mentres que o xoves, a persoas interesadas en visitala poderán facelo de 11.00 a 14.00 horas.

Esta exposición, organizada co gallo da celebración o 3 de decembro do Día Mundial das Persoas con Discapacidade, permitirá ao público ver unha gama de produtos de papelería reciclada deseñada e elaborada no obradoiro prelaboral que Cogami imparte na comarca da Ulloa e que está integrado por doce persoas con discapacidade. Este obradoiro impartido por Cogami no espazo intercultural Lorenzo Varela de Monterroso permite aos seus usuarios adquirir as destrezas necesarias para a elaboración de papel reciclado, así como diferentes tipos de produtos desde cadernos, valeirapetos, estuches, caixas de almacenaxe ata agasallos para vodas ou produtos por encarga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2014.