Pasar al contenido principal

Literatura e teatro no 25 aniversario da Residencia Universitaria Monte da Condesa

A Residencia Universitaria Monte da Condesa organiza estes días varios actos que forman parte do 25 aniversario do centro. Entre eles, este xoves 11 preséntase a novela Triste Escarlata, de Marcus-Daniel Cabada, cunha conferencia titulada ‘Narratoloxía e ficción: unha arte enfermiza. O acto, presentado por Manuel Reboredo, terá lugar ás 21:00 horas na Sala de Usos Múltiples da residencia. Xa o luns 15 o grupo Artías representará a obra teatral ‘Díxo pene: a nai que os pariu’ a partir dun texto de Sergi Belbel. A posta en escena será ás 21.00 horas tamén na sala de usos múltiples.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.12.2014.