O Idega entrega este martes os seus premios de investigación Valentín Paz Andrade e Xesús García Calvo
O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC entrega este martes 16 os seus premios ‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en economía de Galicia e ‘Jesús García Calvo’ de investigación en desenvolvemento rural e cooperativismo. O acto, que presidirá o reitor Juan Viaño, desenvolverase ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca coa presenza da presidenta do Consello Económico e Social de Galicia (CES), Corina Porro; o presidente da Fundación Feiraco, José Montes; o director do Idega, Xaquín Fernández Leiceaga; e o profesor da USC Xoán Carmona, que comezará a sesión coa lectura do relatorio ‘ Emprendemento en Galicia. Unha reflexión a partir das figuras de Jesús García Calvo e Valentín Paz Andrade’. Logo da confreencia, terá lugar a entrega do premio Jesus García Calvo aAraceli Freire Cedeira polo traballo ‘Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): El caso de los montes vecinales en mano común’ e a Francisca Gago Gillán por ‘Os modelos de aplicación do Programa Leader 2007-2013 no Estado Español’. Tamén Jesús Barreal Pernas, María Loureiro García e Juan Picos Martín recollerán o seu premio Valentín Paz Andradre por‘Estudio de la causalidad de los incendios forestales en Galicia’.