Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores en sesión ordinaria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este mércores 16, a partir das 9.30 horas (10.00 en segunda convocatoria) no Salón Reitoral de San Xerome, para tratar asuntos relevantes como as propostas de Programación Plurianual 2015-2018 e do Orzamento para 2015, documentos que se discutiron e melloraron o mes pasado no Claustro universitario. Ademais, este órgano de goberno debaterá sobre o expediente de alleamento do vello Hospital de Galeras e as prórrogas dos Ramón y Cajal dos anos 2008-2009 e a nova proposta para 2015. A convocatoria de bolsas de comedor do SUR será outro dos puntos a tratar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2014.