Pasar al contenido principal

Ler o mundo desde a música, unha actividade en Ciencias da Educación

Ler o mundo desde a música, unha actividade en Ciencias da Educación
Ler o mundo desde a música, unha actividade en Ciencias da Educación

Establecer un diálogo entre os libros e a música. Con ese propósito o grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) que coordina José Antonio Caride convida á comunidade universitaria a asistir este mércores 17, de 9.45 a 14.00 horas en Ciencias da Educación (Campus Vida), ao foro de lecturas ‘Ler o mundo hoxe desde a música’. Nesa xornada o profesor da Universidade de Deusto Fernando Bayón Martín ofrecerá unha charla sobre as paixóns da lectura desde o interior do drama musical que acompañará coa audición de diversas pezas de ópera. Ademais, a cantante galega SÉS protagonizará unha conversa con sons (ritmo, letra e voz). A actividade finalizará cun sorteo de libros da editorial Kalandraka entre as persoas asistentes. O foro forma parte das iniciativas desenvolvidas pola Rede Internacional de Universidades Lectoras, que conta con máis de cincuenta institucións adheridas que aspiran a poñer en práctica propostas e contornos favorables á lectura e á escritura na comunidade universitaria e no seu conxunto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.12.2014.