Pasar al contenido principal

Novo posgrao en liña en Seguridade Internacional

O Centro de Estudos de Seguridade, centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela, e o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), principal centro docente militar conxunto das Forzas Armadas españolas, organizan o posgrao en Seguridade Internacional, un título propio da USC que se imparte en modalidade non presencial. No posgrao, dirixido polo profesor Rafael García Pérez, imparten clase docentes das Universidades de Santiago de Compostela, Múnich (Lüdwig-Maximilians-Universitat, LMÜ), UNED, FLACSO-Ecuador, CESEDEN e do Instituto Español de Estudos Estratéxicos. A implantación do título, avalado polo Ministerio de Defensa, é froito da colaboración desenvolvida entre ambas institucións dende hai máis de tres décadas e da experiencia obtida no Diploma de Estudos da Defensa Nacional nas aulas da USC, que xa alcanzou a súa vixésimo quinta edición. A preiscrición no posgrao, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e xuño de 2015, dará comezo o día 1 de setembro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.07.2014.