Pasar al contenido principal

A USC presenta en Vilagarcía de Arousa a súa oferta académica e o proceso de matrícula para o curso 2014-2015

A Universidade de Santiago presentará este martes 15 en Vilagarcía de Arousa a súa oferta docente e as particularidades do proceso de matrícula para o vindeiro curso nun encontro cos medios de comunicación que comezará ás 12.00 horas na Alcaldía do Concello de Vilargarcía. Na presentación intervirá o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, acompañado do alcalde Tomás Fole e da concelleira de Educación, Rocío Llovo. Durante o presente curso académico máis de 1.100 estudantes procedentes dos diferentes concellos que conforman a comarca do Salnés estudaron en titulacións da universidade compostelá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.07.2014.