A USC ofrece dúas bolsas para realizar estancias formativas en pemes de Iberoamérica
A Universidade de Santiago de Compostela, como entidade integrante de RedEmprendia, ofrece na edición 2014 do programa Booster- E dúas bolsas para realizar estancias formativas de entre dous e tres meses de duración en pemes xa consolidadas do espazo iberoamericano. O prazo para solicitala estará aberto ata o 31 de agosto. O programa diríxese a estudantes de grao (preferentemente de último curso), graduados nos tres últimos anos, alumnado de máster ou de doutoramento ou doutores recentes que pertenzan a Universidades de RedEmprendia e que estean valorando a posibilidade de iniciar unha actividade empresarial. A contía das bolsas ascende a 1.000 euros por mes máis unha axuda para o desprazamento que variará en función do país escollido como destino (350 euros en Portugal e 1.000 para Latinoamérica). Para participar é necesario inscribirse a través do formulario on line da web e contar cun plan de empresa. A selección definitiva notificarase antes do 15 de outubro. As estancias terán que ser desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de setembro de 2015.