Pasar al contenido principal

O reitor Juan Viaño clausura este venres o Máster de Enxeñaría da Madeira Estrutural na Escola Politécnica Superior de Lugo

O reitor da USC, Juan Manuel Viaño, clausurará este venres, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, a última edición do Máster de Enxeñaría da Madeira Estrutural, un posgrao propio da USC que contou nesta edición cun total de 24 alumnos/as.

O profesor da USC e director do Máster de Enxeñaría da Madeira Estrutural, Manuel Guaita, e o presidente de Confemadera Hábitat Galicia, Elier Ojea, tamén intervirán como relatores nesta cerimonia de clausura, no marco da que se procederá á entrega de premios aos autores dos tres proxectos finais mellor cualificados por un xurado independente. Os gañadores percibirán cadansúa gratificación económica. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Moldes, e algúns dos profesores que conforman o cadro de docentes deste posgrao, tamén asistirán ao acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2014.