Pasar al contenido principal

García Herradón presenta este martes o Europracticum VII, un programa que ofrece prácticas en Europa a titulados da USC

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este martes, a partir das 11.30 horas, a sétima edición de Europracticum, un programa a través do que os/as titulados/as universitarios/as egresados/as da Universidade de Santiago de Compostela teñen a posibilidade de completar estadías de prácticas profesionais en empresas e institucións de Europa.

O secretario do Consello Social da USC, Benigno Carril; a profesora da Facultade de Veterinaria e vogal da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Julia Melgar Riol, e a técnico da Área de Orientación e Inserción Laboral do campus de Lugo, Gloria Cruz Amil, tamén participarán na rolda de prensa de presentación da nova convocatoria deste programa de mobilidade para persoas no mercado laboral que se enmarca dentro do Programa Leonardo da Vinci da Unión Europea.

O obxectivo primordial que pretende o programa Europracticum é que os participantes nesta iniciativa de mobilidade laboral europea adquiran e aprendan a empregar competencias, coñecementos e cualificacións que lles resulten de utilidade para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2013.