Pasar al contenido principal

A Facultade de Veterinaria acolle do 4 ao 8 de febreiro un seminario práctico de etoloxía aplicada centrado nos cans

A clasificación das razas, as bases do comportamento canino e o estado emocional dos animais serán algunhas das cuestións abordadas neste curso

A Facultade de Veterinaria do campus de Lugo acollerá do 4 ao 8 de febreiro unha nova edición do curso práctico de etoloxía aplicada centrado nos cans. Este seminario formativo, organizado polo departamento de veterinaria da Residencia de Mascotas Garatuxa en colaboración coa Universidade de Santiago, está estruturado en 30 horas de formación, das que vinte se corresponden con sesións prácticas.

Este curso, que será impartido por Marta Méndez García e Roberto Reguera Velasco, da Residencia de Mascotas Garatuxa, está aberto á participación tanto do público en xeral como dos estudantes universitarios, que poderán solicitar o seu recoñecemento por un crédito académico de libre configuración.

A clasificación das razas caninas e a súa evolución, as bases do comportamento dos cans e a súa intelixencia, así como os factores relacionados co seu proceso de aprendizaxe serán algunhas das cuestións abordadas neste curso. O prezo da inscrición é de 150 euros e os interesados poden obter máis información a través do número de teléfono 607 49 58 49.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.01.2013.