Pasar al contenido principal

Amplíase o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Amplíase o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Amplíase o prazo para presentarse ao concurso de pintura CreArte da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ampliou ata o 8 de marzo o prazo para presentarse ao certame de pintura CreArte, convocado por segundo ano consecutivo coa intención de potenciar e difundir a creación artística dos membros da comunidade universitaria. O xurado, presidido pola decana do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística do noso contorno. Das obras presentadas deberán facer unha selección, que no mes de abril conformarán unha exposición temporal na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. No concurso haberá un único premio de 600 euros que se entregará coincidindo coa celebración do patrón da facultade e a inauguración da exposición, o 10 de abril de 2013. Ademais, a obra gañadora pasará a formar parte do patrimonio da Facultade, sendo exposta durante un ano no seu ‘ Espazo de Arte’ reservado para tal fin. No concurso poden participar todos os membros da comunidade universitaria, que deberán presentar unha única obra inédita creada en 2012 de temática e técnica libres e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2013.