Pasar al contenido principal

Obradoiros de manualidades e labores

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC organiza tres obradoiros gratuítos de manualidades e labores dentro do Ciclo de Recuperación de Saberes Tradicionais de USC en Transición. Os obradoiros de calceta, gancho e reutilización e deseño de complementos terán lugar o vindeiro 7 de maio en horario de mañá e tarde na Biblioteca Concepción Arenal. Para inscribirse deberase enviar un correo a plands [at] usc.es (plands[at]usc[dot]es) incluíndo nome completo, colectivo de pertenza (estudante, PDI, PAS, externo á USC), enderezo electrónico, teléfono de contacto, obradoiro e edición na que se quere participar. As prazas son limitadas (mínimo 5 máximo 12 participantes por sesión), dando prioridade aos membros da USC. O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de maio ás 12.00 horas. Esta actividade desenvólvese en colaboración coa Biblioteca Concepción Arenal, que celebra o seu décimo aniversario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2013.