Pasar al contenido principal

Derradeira oportunidade do ano para asistir a unha NerdNite

Derradeira oportunidade do ano para asistir a unha NerdNite
Derradeira oportunidade do ano para asistir a unha NerdNite

O vindeiro mércores 4 de decembro terá lugar a derradeira sesión das NerdNites deste ano 2013. Nesta ocasión será o Casino (Rúa do Vilar, 35) o local compostelán que acolla as orixinais microcharlas do Valedor do Pobo, José Julio Fernández, titulada '¡Non perdas teus datos! ¡Espabila...!'; do profesor do Departamento de Física de partículas da USC Carlos Salgado con 'A Europa dos bosóns'; e do docente do Departamento de Comercialización e investigación de mercados José Ramón Porto con 'Onde se equivocou Bill Gates?' A iniciativa das NerdNites xurdiu hai anos en Estados Unidos e a ela sumouse, , por primeira vez en España, Compostela o pasado ano. Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlan co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.11.2013.