Pasar al contenido principal

A Aula de Teatro reformula o seu programa de formación incluíndo un apartado de compañías residentes profesionais

A Aula de Teatro reformula o seu programa de formación incluíndo un apartado de compañías residentes profesionais
A Aula de Teatro reformula o seu programa de formación incluíndo un apartado de compañías residentes profesionais

O programa de formación da Área de Teatro da USC iniciará o vindeiro curso unha nova etapa tras mudar por completo o seu deseño e introducir un novo elemento como é a Compañía Residente, que servirá para convidar un grupo de teatro profesional. Na primeira edición desta iniciativa a compañía convidada será Matarile Teatro que, deste xeito, retoma o seu traballo coa Universidade de Santiago para crear unha produción teatral na Sala Roberto Vidal Bolaño e exhibila neste espazo ao tempo que se integra no programa de formación teatral da Aula universitaria. As distintas iniciativas formativas agrúpanse en dous bloques dedicados a completar as habilidades e destrezas das persoas que se apunten no ámbito da Dirección e no da Interpretación, en ambos os dous casos co recoñecemento de cinco créditos ECTS. O primeiro bloque temático desenvolverase á súa vez en tres módulos nos que se prestará atención a ‘Dramaturxia e dirección’ cun carga lectiva de 50 horas, Prácticas de Dirección (50 horas) e un terceiro a modo de monográfico de creación teatral (de 8 horas) e outro de iluminación (de 28 horas) no que se integra a Compañía residente. Estes tres módulos estenderanse entre setembro e decembro, ao longo de marzo e entre febreiro e marzo, respectivamente. Nos mesmos meses, celebraranse tamén os tres módulos agrupados no bloque dedicado a Interpretación. No primeiro módulo ofertarase formación específica en Interpretación (20 horas), control do corpo (18 horas) e da voz (12 horas) e iluminación (4 horas). No segundo increméntase o traballo arredor da interpretación (42 horas) e sobre o corpo e a voz (6 horas máis para cada tema), para rematar cun monográfico de interpretación (28 horas) que se desenvolverá no marco da Compañía en residencia.

Con esta iniciativa, a Aula de Teatro da USC quere potenciar a comunicación do teatro universitario coa súa extensión máis inmediata no contorno profesional. Este último, explica o director da Aula de Teatro universitario, atopa nos campus unha importante canteira de recursos humanos, tanto no artístico como en todas as cuestións técnicas vinculadas á escena en Galicia e explica que unha elevada porcentaxe das novas compañías profesionais ou semiprofesionais teñan a súa orixe en universitarios/as.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2013.