Pasar al contenido principal

O quinto Torneo de Reis de Tenis da USC entregou doce premios entre os máis de cen participantes

Nas pistas do Campus déronse cita un total de 106 tenistas de todas as idades
Nas pistas do Campus déronse cita un total de 106 tenistas de todas as idades

A quinta edición do Torneo de Tenis da USC, que organizaron a Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes, repartiu un total de doce premios entre os máis de cen tenistas que participaron na competición articulada en seis categorías: minitenis (7-10 anos) e tenis de 11-14 anos en modalidade mixta, categoría masculina de 15 a 17 e outras dúas categorías sénior masculinas (iniciación e competición), así como unha única de sénior feminina. Na categoría sénior masculina, nivel de competición, Martín Sanmartín foi o vencedor e J. Mª Martinón o finalista, mentres que no nivel base o ouro foi para Iván Piñeiro e a prata para J. Mª González Fortes. Na modalidade feminina desta mesma categoría alzouse coa vitoria Clara Lema, con Carolina Donate no segundo lugar do podio. De entre os rapaces de 15 a 17 anos, o ouro foi para Javier Fernández Pita e a prata para Pedro Sánchez, mentres que na categoría de 11-14 anos mixta o vencedor foi Javier Romarís e o finalista Alberto López. Completando o cadro de resultados, en minitenis mixto, dirixido a rapaces/zas de 7 a 10 anos, Pedro Frade e Pablo Míguez foron ouro e prata, respectivamente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.01.2013.