Pasar al contenido principal

Edwin Buitelaar diserta este mércores no Ibader sobre os comportamentos individuais e colectivos do proceso urbanizador

A conferencia do experto holandés en planeamento comenzará as 17.00 horas no campus de Lugo e a entrada será libre

Edwin Buitelaar, da Netherlands Environmental Assessment Agency, ofrecerá unha conferencia o mércores 16 de xaneiro, a partir das 17.00 horas, no salón de actos do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do campus de Lugo, unha conferencia baixo o título ‘O proceso urbanizador: os comportamentos individuais e colectivos’. Esta charla, que se atopa incluido no programa formativo do Máster en Xestión sustentable da terra e do territorio, é de acceso libre e gratuíto para todas aquelas persoas que estén interesadas no tema. Edwin Buitelaar é un experto nas implicacións económicas do planeamento, centrándose na xestión do proceso urbanizador en Holanda, e está a avaliar a implantación da lei do solo holandesa aprobada en 2008. Esta traxectoria plasmouse en 2007 coa publicación do libro The cost of land use decisions. Holanda é coñecida a nivel internacional pola calidade do seu planeamento. Sen embargo, as ferramentas de xestión local do solo en Holanda requiren, tal como afirma Buitelaar nas súas investigacións, dunha práctica que vai máis alá da que calquera lei pode xestionar. Buitelaar ten un profundo coñecemento destas prácticas e das súas implicacións na ordenación do territorio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.01.2013.