Pasar al contenido principal

2012 en imaxes na exposición ‘Compostela, un ano de Voz’

2012 en imaxes na exposición ‘Compostela, un ano de Voz’
2012 en imaxes na exposición ‘Compostela, un ano de Voz’

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca abriu as súas portas este xoves á exposición ‘ Compostela, un ano de Voz’ na que se recolle a visión dos fotógrafos Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Paco Rodríguez e Sandra Alonso respecto do acontecido ao longo de 2012 en Santiago e en Galicia. Na inauguración interviñeron o reitor Juan Casares; o alcalde de Santiago, Ángel Currás; o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o director de La Voz de Galicia, Xosé L. Vilela, e Xoán Soler en representación do equipo de reporteiros gráficos. O reitor lembrou que a fotografía ocupou sempre un lugar destacado nas salas da Universidade desde os comezos, hai algo máis de dúas décadas, da programación expositiva da USC. Neste percorrido, desde 2006 esta exposición “xa é un clásico”, dixo. “Non cabe dúbida –expresou Casares- que á hora de narrar a actualidade a imaxe fotoxornalísitca segue a ser un dos formatos máis eficaces para transmitir a intensidade dun feito”. ‘Compostela, un ano de Voz’ é xa unha cita obrigada dentro da oferta expositiva de Santiago e máis particularmente no relativo ao fotoxornalismo. Os visitantes atoparán nesta exposición sesenta instantáneas que retratan os acontecementos máis significativos da cidade ao longo de 2012. Cada unha das imaxes vai acompañada da páxina do xornal onde foi publicada no seu día.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.01.2013.