Pasar al contenido principal

Presentación da acreditación ENAC ao Laboratorio de Radiofísica da USC que o converte no primeiro secundario de España para a calibración en radioterapia

O Laboratorio de Radiofísica da Universidade de Santiago obtivo a acreditación oficial ENAC para a calibración en radioterapia, de xeito que a institución compostelá alberga o primeiro laboratorio secundario de España para calibrar os instrumentos de medida da dose dos servizos de radioterapia hospitalarios. Por este motivo, o director do servizo, o profesor Faustino Gómez, presentaralle publicamente ao reitor Juan Casares esta importante certificación nun acto a celebrar este xoves 28 ás 12.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2013.