A Sociedade Europea de Angle premia o profesor Juan Carlos Pérez Varela

O profesor do Departamento de Estomatoloxía da USC Juan Carlos Pérez Varela resultou premiado en Austria co ‘The Most Interesting Case Display’ na reunión anual da Sociedade Europea de Angle, a máis importante do mundo no ámbito da ortodoncia e da que o profesor da USC é o único ortodoncista galego que a integra. A Sociedade de Ortodoncia, unha das máis selectivas e esixentes do mundo na que só se admitiron 52 membros activos en virtude de criterios académicos e profesionais, premiou ademais o profesor da USC coa publicación do traballo na revista europea de ortodoncia con maior impacto. Juan Carlos Pérez Varela Juan Carlos Pérez Varela converteuse en 2009 no primeiro ortodoncista galego que acadaba o European Board Orthodontics, a máxima distinción que se lle pode outorgar a un odontólogo no campo da excelencia clínica no continente. Licenciado en Medicina e en Odontoloxía e doutor en Medicina e Cirurxía, Pérez realizou a súa tese de doutoramento na Universidade Ohio (EEUU) completando a súa formación co Máster en Ortodoncia da Universidade de Valencia e a realización dunha estadía no Southern California Permanent Medical. O doutor Pérez Varela suma outros recoñecementos como o Premio Moriyón concedido pola Sociedade Española de Ortodoncia ou o Houston Award da Europea.