Pasar al contenido principal

A Universidade Popular Autónoma de Puebla outorga o seu doutoramento honoris causa en Ciencias Sociais ao profesor Francisco Puy Muñoz

O profesor Francisco Puy Muñoz vai sumar ao seu currículo o doutoramento honoris causa en Ciencias Sociais que lle acaba de outorgar a Universidade Popular Autónoma do Estado de Puebla, en México. É un recoñecemento coa que a institución mexicana subliña a “vasta traxectoria académica, reflectida principalmente na súa valiosa e amplísima achega ao coñecemento do Dereito Natural e a súa especial preocupación pola súa divulgación a través de numerosas publicacións”. O acto de investidura está programado para o vindeiro mes de agosto nunha cerimonia académica no Campus Central da cidade de Puebla (México), no marco do XIII Encontro Internacional de Centros de Cultura co lema ‘Universidad y cultura a través del torbellino de la posmodernidad’. Este recoñecemento súmase aos doutoramentos honoris causa concedidos con anterioridade a Puy Muñoz por parte das universidades Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil), Santo Tomás (Chile) e Belgrano (Bos Aires), así como á Gran Cruz Académica pola Universidade Católica do Uruguai (Montevideo) e ao Magister Honoris Causa outorgado pola Escola Xudicial de México. Xa en España, foi merecedor da Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2013.