Pasar al contenido principal

O historiador Antonio Cepeda recompila as ordenanzas de Santiago no século XVI nun volume co editado pola USC e o Consorcio

O libro é autor de Antonio Cepeda, profesor de Xeografía e Historia en educación secundaria. Foto: Alfonso-Servimav
O libro é autor de Antonio Cepeda, profesor de Xeografía e Historia en educación secundaria. Foto: Alfonso-Servimav

Santiago de Compostela no século XVI. Libro de Ordenanzas de la Ciudad (1546-1583) é o título do libro que este martes presentou Antonio Cepeda, profesor de Xeografía e Historia en educación secundaria e responsable da Área de Documentación do Museo Pedagóxico de Galicia, editado pola USC e o Consorcio da cidade. Trátase dunha obra de interese tanto para o persoal investigador especializado na Historia de Compostela como para quen teña inquedanzas por coñecer a vida cotiá da cidade naquela época. Como explicou o autor, a monografía pretende cubrir un baleiro na edición de fontes para o coñecemento da realidade urbana galega do XVI en xeral, e de Compostela en particular, nun momento en que Santiago era a segunda cidade galega en poboación, só superada por Pontevedra, “e no que se consolidaba a institución municipal”. É tamén nese século cando o Concello ten a suficiente autonomía para establecer normas, primeiro sobre os usos e costumes e logo sobre determinados hábitos que hai que regular. De aí que a publicación, manifesta Cepeda, “abranga a práctica totalidade do que constituía a vida cotiá da cidade”. As ordenanzas analizadas dan conta de todo tipo de elementos que configuran a realidade urbana da época como o abastecemento, os pesos e medidas, os prezos, e as boas prácticas nas que realizar a comercialización dos distintos produtos. Complétase coas normas de hixiene, seguridade e orde públicas, o urbanismo, a xestión da beneficencia, as festividades e o lecer ou o papel que desempeñan a muller e a infancia. A obra presentouse en San Xerome nun acto ao que asistiron ademais o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, que se felicitou pola publicación do volume “nun ano no que se cumpre o 20 aniversario do convenio de colaboración entre a USC e o Consorcio”; o presidente do Consorcio, Ángel Currás; e os responsables dos Servizos de Publicación da USC e do Consorcio, Juan L. Blanco Valdés e Juan Conde Roa. De esquerda a dereita, Juan L. Blanco, Ángel Currás, Francisco Durán, Antonio Cepeda e Juan Conde. Foto: Alfonso-Servimav

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2013.