Pasar al contenido principal

A USC afianza relacións académicas con universidades rusas

A visita celebrouse no Despacho do reitor en San Xerome. Foto: Alfonso-Servimav
A visita celebrouse no Despacho do reitor en San Xerome. Foto: Alfonso-Servimav
Reuniuse en San Xerome co reitor unha delegación dese país

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, recibiu este martes no seu despacho a unha delegación de universidades rusas que se atopa en Santiago para participar nun acto académico do Máster en Ciencias da Familia. Reuníronse con Casares a profesora da Universidade Estatal de Humanidades de Rusia, Marina Mokhnacheva; o decano da Facultade de Educación a Distancia da Universidade Psicolóxico-Pedagóxica de Moscova, Bronius Aismontas; e o profesor e editor Pável Tribunsky, acompañado do profesor da USC Agustín Dosil.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2013.