Pasar al contenido principal

A violinista Beatriz Junco e González Permuy, ao piano, interpretan o xoves na Casa do Saber as sonatas nº2, nº5 e nº10 de Beethoven

O concerto, o penúltimo dos programados no marco do ciclo ‘Sonatas para violín e piano Beethoven’ comezará as 20.00 horas

A violista Beatriz Junco, acompañada ao piano de Alicia González Permuy, interpretarán este xoves, 28 de febreiro, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, as sonatas número 2, 5 e 10 do xenial compositor alemán.

Este concerto, o penúltimo dos programados no marco do ciclo ‘Sonatas para violín e piano de Beethoven’, organizado oa abeiro do convenio Lugo Cultural, desenvolverase a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber. A entrada é de balde para todos os asistentes ata completar o aforo. A traxectoria musical destas dúas intérpretes vén avalada pola súa ampla e contrastada formación artística. A violinista Beatriz Junco, na actualidade alumna da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM), dirixida polo tamén violinista Grigori Nedobora, tamén tivo como instructores a V.Podhraskà, F.Vlashi e T.Janikashvili, que coidaron a formación musical desta violinista nunha primeira estapa, antes de que se trasladara á Hochschule für Musik de Frankfurt, onde se especializou con Walter Forchert. Un currículo semellante ao de Junco é o que avala a traxectoria e a formación musical da pianista Alicia González Permuy, quen, entre os seus mestres, contou con J. Mora ou A Attenelle. González Permuy asistiu tamén a cursos con M.Carra, I.Zariskaya, J.Colom y A. Cano, ademais de facer un posgrao en piano e música de cámara con T. Demmers e J. E. Lluna no Brabants Conservatorium de Tilburg, en Holanda.

A virtuosa pianista Alicia González Permuy completou a súa formación musical en másteres clases con músicos como J.E.Lluna, J.L.Estellés ou W.Boeykenks, ao tempo que desenvolveu cometidos profesionais en lugares da altura do Musikverein de Viena.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2013.