Pasar al contenido principal

A profesora Manuela Palacios presenta en Dublín unha antoloxía de poetas galegas, vascas e catalás traducidas por irlandeses

A profesora da USC Manuela Palacios presenta este xoves 28 no Instituto Cervantes de Dublín a antoloxía ' Forked Tongues. Galician, Basque and Catalan Women's Poetry in Translations by Irish Writers' (Shearsman, 2012), da que ela mesma é editora. No acto en Irlanda participarán tamén 15 poetas de Galicia, País Vasco, Cataluña e Irlanda, ademais das representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Instituto Etxepare do País Vasco. A poeta galega convidada é Yolanda Castaño. Esta antoloxía encádrase nun proxecto de investigación máis amplo sobre as escritoras galegas e irlandesas financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e FEDER. O libro, prologado por Palacios, inclúe a edición dos textos en bilingüe galego/vasco/catalán-inglés e un apéndice biobibliográfico sobre autoras e tradutores. No volume participaron algunhas das máis importantes autoras galegas (Pilar Pallarés, Chus Pato, Lupe Gómez, Yolanda Castaño e María do Cebreiro), éuscaras (Itxaro Borda, Miren Agur Meabe, Castillo Suárez e Leire Bilbao) e catalás (Vinyet Panyella, Susanna Rafart, Gemma Gorga e Mireia Calafell).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2013.