Pasar al contenido principal

Preséntase o proxecto de gastronomía pedagóxica ‘Aulas activas de cociña’

A Universidade de Santiago comeza este mes de marzo un novo e orixinal proxecto de gastronomía pedagóxica co que se pretende ensinar a cociñar á vez que achegar unha cultura de hábitos de consumo saudables e aumentar o coñecemento do medio e dos produtos. Para tal fin organizaranse ‘Aulas activas de cociña’, cursos a desenvolver en distintas datas ata o mes de xuño con variadas temáticas centradas en produtos concretos. O proxecto presentarase en rolda de prensa este luns 25 ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participan o vicerreitor de Cultura, Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán; e o cociñeiro e profesor do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, Daniel Punzoni.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2013.