Sendeirismo en Semana Santa polo Parque Natural de Sanabria
O Servizo de Deportes da USC organiza unha actividade de sendeirismo en Semana Santa dirixida por monitores da Fundación USC Deportiva. Do 28 ao 31 de marzo as persoas participantes viaxarán a terras de Zamora para coñecer o Parque Natural de Sanabria, un dos máis espectaculares da península. Os prezos, aloxamento, a forma de inscrición e outros datos sobre a actividade atópanse no web, no que ademais se explica de maneira detallada cada unha das catro rutas da viaxe. O prazo de inscrición rematará o 15 de marzo ou cando se esgoten as prazas.